Xa non me acorda


Xa non me lembro como funciona esta ferramenta pero hai xente que me berra por non actualizala, pois xa está. Como non me comenta naide paréceme que é traballar para o inglés. Pois para empezar e resurxir do letargo vou dar unha próxima data de actuación no Seixo (Marín) o próximo 6 de Abril é cando iremos a terriña de Davide. Atención que si é por alí e hai onde durmir o show prolongarase ata altas horas, aumentando as posibilidades de que caia algo con nós… xa me entendedes. Xa, non vos caerá esta freba, non.
Polo demáis ben, máis que funcións convencionais últimamente estivemos atendendo á radio, á televisión, a conferencias, simposiums, solariums e festas privadas en pazos renacentistas dos que xa vos falarei outro día con calma, polo que todo este tempo tampouco sentimos a necesidade de avisar ao público xeral para que acudira a nosa chamada.
Moi boas noites ladies.

As andadas

momo4
Sí, amigas. Voltamos as andadas, non por non actuar senon por non avisar. Apartir de agora imos ir dando conta das actuacións que temos por diante, e non é que sexa por necesidade pura e dura, que alí onde vamos chegamos e arrasamos, senon por facer uso do abano amplo de “medias” das que dispormos e que a modernas non nos gañan. Pois iso, que arrasamos, sobre todo en consumicións e pantalóns…
Bo exemplo desta nova ansia nosa de avisar dos nosos bolos é o que de seguido vos explico:
Mañá mesmo, día Xoves 24 as 22:30 horas estamos no Pub D’Antón na Laracha A entrada é de balde así que amiguiños de Carballo e “filluelas” acudide en tropel. Sobre todo vai por tí, Javito.
Besos.

En cartel!!!

Eís o cartaz de “Unha noite no muíño non é nada…”, deseño de Mon, un profesional e mellor persona (tamén logos Arredemo e Hai que botalos). Aplauso dende a Admón , Mon.

WILLKOMEN, BIENVENUE, WELLCOME, BENVINDOS AO CABARETDAQUI!

Pepa & Davide. Cabaré D’aquí presenta:

Unha noite no muíño non é nada sen… Davide Salvado e Pepa Yáñez

O espectáculo

Procedentes do mundo da música tradicional e folk, entre outros estilos, Davide Salvado e Pepa Yáñez achégannos por primeira vez o xénero do Cabaret D´aquí, unha incursión polo cabaret desde a óptica da cultura popular galega, un show musical que bebe das fontes do tradicional no que non falta teatralidade e comicidade.
Porque a noite, a festa, a paixón e a luxuria, como no Moulin Rouge, deuse no muíño, porque unha noite non é nada e unha semaniña enteira sí que é foliada. Por esta razón, e por outras máis, Davide e Pepa dispóñense a “saír da artesa” para deixar fluír sen prexuízo as súas innatas habilidades para o espectáculo.
Neste exercicio de terapia artística identitaria os nosos protagonistas mergúllanse en caldeiros de purpurina e destapan os Crooner que levan dentro, mesturan vellas e novas músicas ata a hibridación total e reviven fórmulas de fenómenos da canción de éxito -ou non-, que foron aparecendo pola discografía galega das últimas décadas.